Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Xunqueira de Ambía
Parroquia: Xunqueira de Ambía (Santa María a Real)
Lugar: Xunqueira de Ambía
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Construída con muros de silleria, con cuberta de madeira e tella a dúas augas.
No cumio unha espadana cun só arco con pequeno campanil, e coroada con pináculos e cruz.
De escasa importancia artística pero de gran importancia social, é un típico exemplo da edificación relixiosa popular.
Situada na barriada de O Campo, no antigo toural da feira, garda a imaxe de San Pedro Mártir de Verona e é foco de veneración ao mesmo, moi estendida.

San Pedro Mártir de Verona, a súa romaría celebrase o 29 de abril.
Martirizado nos primeiros anos do cristianismo, foi executado machucándolle a cabeza cunha maza.
Por elo é considerado o patrón das enfermidades que afectan a cabeza, tanto física como mental.
A imaxe do santo está durante o ano na súa propia capela, pero na festa e trasladado nunha procesión a Colexiata.
Conta a lenda que a imaxe, de madeira vestida, foi roubada por un veciño, que lle era moi devoto, en terras do Ribeiro
e entregada o pobo para a súa veneración, o que lle construíu a súa capela na barriada do Campo.
Morto po los romanos machucándolle a cabeza, adquiriu grande fama como avogado dos males da cabeza, físicos e mentais , e atrae moitos devotos, que en tempos pasados formaban unha festa romaría moi populosa.
Hoxe organízanse viaxes dende toda as partes para asistir as misas e regreso a orixe, pero a festa perdura, aínda que deliciosamente íntima.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Hai una anécdota de un veciño local, Antoniño, tido por tolo; -o mesmo que sacaba a escondidas a San Miguel da fría igrexa o soleado adro ­pobriño!-.
Cando lle suxiren que debería pedirlle fervorosamente a súa cura, il contesta que xa lle reza moito, pero que son tantos os que están mal da cabeza que non está seguro de que San Pedro sexa capaz de curalos a todos, o que nos fai pensar que, o mellor, non está tan tolo…


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://xunqueira.galeon.com/jjfieg.html
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/XUNQUEIRADEAMBIA/documents/25651ca018.pdf (Pax.3)
http://www.panoramio.com/photo/32335577


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2051784041367
Lonxitude: -7.73673266172409
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84