
Outra fotografía:
Tipo de ben: Calvario,
Concello: Taboadela
Parroquia: Taboadela (San Miguel)
Lugar: Pumar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Partindo da igrexa parroquial debemos entrar na antiga estrada de Madrid, ao pasar 1 km aproximadamente atopámonos co Alto de O Castro; continuamos a estrada e chegamos a Pumar (1,5 km), ao pasar a capela, chegamos a unha pequena praza onde se atopa o Calvario.
No medio dunha pequena praza atópanse os cruceiros de Pumar, a iconografía dos cales correspondese cun Calvario, polo cal represéntanse tres cruceiros.
Os laterais teñen menos importancia escultórica dado que son de fuste liso.
O cruceiro central aséntase sobre un podium formado por tres chanzos sobre os cales se coloca unha base cadrada que conta con catro caveiras nos seos ángulos superiores, sobre el está o fuste. Na base deste aparecen representados en relevo os elemento da Paixón (coroa, cravos e martelos); sobre o fuste apoiase un cimacio liso, sobre o que se ergue unha cruz de pequenas dimensións nas caras da cal aparece representado o Cristo crucificado no anverso e a Virxe erguida no reverso. Figuras de escasa calidade plástica, mal proporcionadas e carentes de expresividade, con sinxelos pregues nas túnicas e panos púdicos.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TABOADELA/documents/26629CA012.pdf(Pax.6)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2452539520789Lonxitude: -7.81369328498840
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




