Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Culleredo
Parroquia: Santiago do Burgo
Lugar: O Burgo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A igrexa de Santiago do Burgo, como ben indica o seu nome, era parada obrigatoria para os peregrinos que acudían a Compostela procedentes do norte de europa. De cruz latina e unha soa nave con cuberta de madeira a dúas augas, conserva as ábsidas semicirculares tipicamentes románicas, sendo a fachada de data posterior, concretamente do século XVIII. De porta rectangular seguida dun gran óculo de luz tendo encima deste unha pequena fornela coa imaxe de Santiago peregrino e como remate, unha espadana de dous corpos; no primeiro corpo formado por tres machóns que dan lugar a dous ocos rematados en cadanseus arcos de medio punto onde se sitúan as campás, e un segundo corpo que actúa como remate por un frontón triangular cunha fornela calada no centro, e no máis alto un acroterio coroado por unha cruz de ferro. No interior ten unha capela central con dúas ábsidas máis pequenas, bóvedas sobre arcos de medio punto apoiados sobre columnas con capiteis con decoración vexetal.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada». Vol. I, Deputación Provincial da Coruña, 1995.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.316055970046555
Lonxitude: -8.362446427345275
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84