
Outra fotografía:

Tipo de ben: Calvario,
Concello: Coles
Parroquia: Ribela (San Xiao)
Lugar: Ribela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Aquí veremos no campo da festa preto da igrexa románica (con parte superior barroca) de San Xiao de Ribela, ao carón da casa reitoral do século XVIII coa súa capela de San Pedro (xa sen teito), un calvario.
Os cruceiros laterais teñen menos importancia escultórica, asentados sobre pequena base case cúbica, fuste liso cilíndrico, con sinxelo capitel e cruz totalmente lisa.
O cruceiro central aséntase sobre un podio formado por tres chanzos sobre os cales se coloca unha base cadrada, sobre el está o fuste.
No arranque con perfil cadrado, para pasar logo a ser hexagonal, capitel que pasa de redondo a cadrado, e enriba a cruz, que chama a atención por ser de tipoloxía celta e carente polo tanto de imaxinería.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.berenguela.com/wp-content/uploads/Calvario.jpg
http://www.panoramio.com/photo/9448531
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3816497839303Lonxitude: -7.84170627593994
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Xacobe says:
Dec 7, 2017
Un destes cruceiros está roto polo medio e o do medio ten a base moi cas pedras moi separadas e en calquer momento cae. Unha mágoa.