
Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Redondela
Parroquia: Trasmañó
Lugar: Necrópole de Monte Penide
Outra denominación do ben: Mámoa de Trasmañó, Mámoa do Monte Vixiador
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Trátase do único elemento sinalizado dun total de 39 túmulos que conforman a necrópole de Monte Penide.
A cámara megalítica de planta poligonal oriéntase cara o leste. Conserva seis ortostatos, desprazado o da cabeceira aparece tirado no centro. O túmulo ten un diámetro de 15 metros e unha altura de uns 2,5 metros.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
HIDALGO CUÑARRO, J.M., “Redondela Arqueoloxía”, Concello de Redondela, 1985
Declaración de BIC: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110408/AnuncioEA06_gl.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.264574Lonxitude: -8.636627
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Elixio Vieites says:
Abr 26, 2013
Unha noticia preocupante sobre o lugar arqueolóxico de Monte Penide
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2013/04/26/guerra-talas-comuneros-amenaza-mayor-conjunto-gallego-mamoas/0003_201304G26P33992.htm#.UXpJAx-NWv0.facebook?idioma=galego
Oscar Franco says:
Mar 29, 2017
Este ben é noticia na prensa escrita do 28 de marzo de 2017:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/redondela/2017/03/28/dolmen-6000-anos-resuelve-guerra-lindes-redondela/0003_201703V28C89910.htm
Oscar Franco says:
Xuñ 6, 2022
“A máis interesante das tradicións recollidas fala de que os acompañamentos mortuorios que antes pasaban dun ao outro lado da montaña facían parada diante da mámoa do Rei para rezar responsos pola persoa que levaban no cadaleito. Isto ten un interese especial pola conservación da significación mortuoria deste lugar, a pesar de que con toda probabilidade a xente xa no sabía realmente que as mámoas eran utilizadas seis mil anos atrás para enterrar mortos.
Podedes observar, ademais, que un dos ortóstatos pertencente ao comezo do corredor ten unha cruz inscrita no seu cimo.
Tamén se recolleu a memoria da tradición de ser lugar de parada da mocidade que atravesaba dunha a outra parroquia nos días de festa para parar diante da mámoa do Rei a troulear un pouco.
Outra das mulleres entrevistadas contaba que de pequena subía para esta chaira co gando e lembra a introducirse nalgunhas das mámoas xogando cos cachiños de “azulexos” que había no seu interior e mesmo recordaba ter roto nunha ocasión unha vasilla de barro que estaba enteira”.
Extraído da seguinte referencia bibliográfica:
COUÑAGO RIBEIRA, Xosé. (2021). Parroquias de Redondela: Negros. Ed: Servizo de Normalización Lingüística – Concello de Redondela (en liña: http://redondela.gal/album/NORMALIZACI%C3%93N/Libros%20parroquias%202022/negros.pdf)