Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponteceso
Parroquia: Cospindo (San Tirso)
Lugar: Ponteceso - Praza-xardín
Outra denominación do ben: Cruceiro da Ferradura
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo De Crucifixo con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal tamén cuadrangular. No segundo chanzo hai unhas inscricións onde consta a data do cruceiro “…1948…”. O varal, cadrado achafranado, ten un capitel cuadrangular con gorgueira. Na súa cruz represéntase no anverso a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans sobre o peito sobre unha peaña. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECESO/documents/27921ca002.PDF (Páx.34)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2425357307
Lonxitude: -8.90083819628
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84