Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Coruña (comarca) / Arteixo
Parroquia: Larín (Santo Estevo)
Lugar: O Igrexario
Outra denominación do ben: Fosas e gabias
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Estas fosas e a gabia, foron descubertas durante un control arqueolóxico levado a cabo no 2008 durante as obras para a construción dunha vivenda unifamiliar no lugar do Igrexario de Larín. As fosas foron identificadas como Fosa Leste, a máis pequena, que contiña sedimento e algún anaco cerámico e a fosa Oeste, unha fosa dobre na que unha parte estaba completamente rechea con numerosos fragmentos de cerámica indíxena castrexa (decorados e lisos) e un fragmento de ánfora, ademais de grande cantidade de carbóns. Ó seu carón outra fosa máis pequena completamente chea de pedras de gra. A gabia con sección en V separa ambas fosas (E e W) e nela atopamos os restos dun tronco carbonizado e restos de tégula e tellas. (Dirección: Mónica Montero Borrazás, equipa técnica Purificación Soto Arias)


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:

Cerámica castrexa e romana (un único anaco de ánfora)


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

CJ 102 A 2008/560-0 (código da actuación arqueolóxica). Informe Valorativo do seguimento e control arqueolóxico dos movementos de terra na construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Larín, Arteixo. Mónica Montero Borrazás.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Afectadas pola construción.


Onde está localizado

Latitude: 43.2618350789
Lonxitude: -8.54876339436
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84