
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Arteixo
Parroquia: Oseiro (San Tirso)
Lugar: O Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A Igrexa de San Tirso de Oseiro representa un bo exemplo de arquitectura relixiosa románica da segunda metade do século XII. Posúe unha fachada presidida por unha fermosa porta coroada por arquivoltas sobre a que se sitúa un tornachuvias sobre canzorros. Remata todo o conxunto un artístico rosetón circundado por molduras e pequenos arcos semicirculares que permiten falar dun románico avanzado.
Cabe subliñar a ábsida rectangular cun anexo apegada a un dos lados do presbiterio con fachada tradicional barroca de data posterior. Cingue a toda a fachada unha cornixa sustentada por canzorriños, agás o anexo barroco.
Unha ampliación do adro nunha zona contigua ó lugar onde se levanta o cruceiro, permitiu descubrir dous grandes sarcófagos de granito.
Chamoso Lamas no ano 1966, considera a existencia dunha necrópolis tardorromana e altomedieval, intuíndo a presenza dun posible templo cristiano anterior ó románico actual, ao redor do cal extenderíase a necrópole.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA:
SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Arteixo, Bergondo Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada”. Vol.I, Deputación Provincial da Coruña, 1995.
ENLACES WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ARTEIXO/documents/0048CA002.pdf (p. 44)
http://www.arteixoatlantico.com/es/cultura.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.32300787334798Lonxitude: -8.489837944507598
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




