Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: Ourense - Rúa Lamas Carbajal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

É un edificio con fachada de pedra granítica, na que luce escudo de armas reais de Carlos III en agradecemento a este monarca polo seo apoio na rúa Lamas Carbajal. Actualmente nos sotos, podemos ver negocios comerciais. O seminario permanecería nestes edificios ata 1952, cando seria trasladado as novas dependencias no actual Seminario en Vistaermosa.

O 15 de xullo de 1563, os pais do Concilio de Trento promulgaban un dos decretos máis importante de toda a Asamblea conciliar. Trátase do decreto “Cum adolescentium Aetas”, carta fundacional dos seminarios, que rubrica un fito na historia da Igrexa Católica. A partir deste día, os bispos reflexionarán sobre a obriga de establecer seminarios nas súas dioceses.

Debido a grandes atrancos, en Ourense non chegou a oportunidade ata dous séculos despois. Esta foi ofrecida ao bispo Galindo Sanz (1764-1769) en 1767. Carlos III ordenou por decreto real
do 27 de febreiro a expulsión dos relixiosos da Compañía de Xesús en toda España e territorios de ultramar, que sería o punto de partida para a fundación do novo Seminario de San Fernando.

Quen levou ese esforzo foi o bispo Pedro de Quevedo e Quintano (1776-1818), e quen pode ser considerado
como o pai do Seminario de San Fernando de Ourense. Inauguraríase a principios do século XIX, anexado ás existentes do antigo Colexio dos Xesuítas. Anos máis tarde engadiríase un edificio mais, a actual sede do Bispado.
Aquí estudarían persoeiros ilustres como Basilio Álvarez fundador de “Acción Gallega”, ou o Beato Francisco Míguez Fernández.

O seminario foi inaugurado en Ourense o 8 de xaneiro de 1804 con un réxime académico propio. Sobreviviu ás primeiras guerras carlista, non sen sufrir unha primeira restauración, e a crise súbita causada
pola revolución liberal de 1868. Tralo Concordato de 1851 entre a Santa Sede e o goberno español, foi creado un novo sistema académico en vigor ata o segunda metade do século XIX. Logo experimentouse unha decadencia dos seminarios moi acusada coa escaseza consecuente de vocacións. Cos distintos escenarios, a ditadura de Primo de Rivera, a Guerra Civil e da ditadura de Franco, independentemente do cadro político, a mellora veu co Congreso 1924 Nacional de Educación, e a creación de Bieito XV dun dicastério “ad hoc” para tales institucións.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA:
HERNÉNDEZ FIGUEIREDO, J.Ramón: “El Seminario Conciliar de San Fernando de Ourense (1804-1952)”. Pontificia Universitas Gregoriana, 2004.

ENLACES WEB:
http://www.obispadodeourense.com/inst/ensenanza/mayor/bicentenario/capitulo1.html
http://www.panoramio.com/photo/60302402
http://dspace.unav.es/dspace/bitstream/10171/14820/1/P%C3%A1ginas%20de%20AH%C3%8D_XV_RESE%C3%91AS_36-50.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.336857100173354
Lonxitude: -7.86471962928772
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84