
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Muxía
Parroquia: Moraime (San Xulián)
Lugar: Lourido
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro atópase cerca da praia de Lourido, no lugar chamado “Os cotrulleiros”, está tapado en parte pola area do complexo dunar que se formou nesta enseada. A coroa forma agora unhas leiras con terra de moita area, que a día de hoxe están inzadas de maleza. Ten aparecido cerámica cando se fixo a estrada que pasa pola parte sur do recinto.
Dende o leste e a certa distancia do castro pódense intuír o que deberon ser muros ou terrazas no outeiro de 80 metros de altura no que se encontra. Tamén é visible o parapeto que hai pola entrada da zona sur.
Segundo a ficha do PXOM do concello de Muxía: presenta unha croa ovoidal de 100 metros de longo no eixo noroeste-sueste. No eixo sueste-noreste alcanza uns 70 metros. Ten dous parapetos: un que delimita a croa e crea un terraplén duns 2-3 m. de alto e outro que bordea a croa polo este, oeste e norte formando unha superficie aterrazada intermedia.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA 15052005
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUXIA/documents/28006ca001.PDF (pax. 11 do pdf)
http://www.concellomuxia.com/pxom/
pax 5
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0840112366Lonxitude: -9.22317266464
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
elixiovieites says:
Feb 3, 2013
Un artigo sobre o contexto dos castros da costa da morte, entre os que está o de Lourido
http://antigo.quepasanacosta.com/content/view/5664/27/
elixiovieites says:
Dec 11, 2013
Pxom de Muxía
http://www.concellomuxia.com/pxom/ pax. 5
Pendentes lidar 2009 da zona do Castro de Lourido (esquina inferior esquerda)
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0067A-0804.pdf