
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Esgos
Parroquia: Os Pensos (San Pedro)
Lugar: Os Pensos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
A Igrexa San Pedro dos Pensos é un templo de estilo neoclásico datado no século XIX. Posúe nave única, duns cinco metros de altura, con planta rectangular con muros de sillaría. Na fronte disponse unha porta adintelada, enriba da que se abre un pequeno oco sobre a que se dispón a cornixa en ángulo. Como remate, unha espadana simple de dous vans con sendas campás, con decoración de pináculos con bolas, e na cima cruz metálica. O presbiterio é máis elevado que o resto, de planta cadrada, cun pináculo no cumio.
A igrexa está rodeada dun atrio no que se atopa o cemiterio, elevado sobre a altura do camiño.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ESGOS/documents/26716ca115.pdf (p.1)
http://www.concelloesgos.com/?id=77
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.34782038443898Lonxitude: -7.663108706474304
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Gavilanes67 says:
Mar 15, 2013
Independizouse como parroquia en 1893, anteriormente pertencía a San Pedro de Rocas.
Posiblemente este sexa o ano en que se terminou de construír esta igrexa.