Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Coles
Parroquia: Gustei (Santiago)
Lugar: Gustei
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Situada na cima da costa de Cudeiro, ao carón da Vía da Prata, esta fermosa igrexa parroquial
de Gustei ten por patrón ao Apóstolo Santiago. De orixe románica, foi construída na segunda metade do século XII. Desa época consérvase a fachada, a porta do muro sur, e un tramo da ábsida.

Presenta unha única nave sobre arcos torais peraltados e unha ábsida rectangular como influencia de estilos visigóticos e latino-bizantinos con bóveda de medio canón e cuberta de madeira.

Conserva unha portada con arquivoltas decoradas con parellas de anxos, en arco de medio punto
e capiteis decorados con temas florais, sobre o que se asenta o campanario rematado na figura
característica do románico, o año. Na portada posterior lado sur, obsérvase un escudo con flor de lis.

En 1979 foi declarada patrimonio arquitectónico de interese histórico-artístico.

No altar maior destaca unha imaxe románica pétrea policromada de Santiago o Maior en postura sedente de mediados do século XIII. No interior tamén podemos ver unha pía de auga bendita en pedra decorada cas características follas do peregrino, que xunto ca inscrición sobre a porta principal, na que di que a igrexa e refuxio sagrado, demostran o carácter de acubillo de peregrinos que tivo na idade media.
No retablo maior barroco, posiblemente do século XVII, existen imaxes pequenas da Virxe do Carme, Santa Ana e San Xosé ademais da xa nomeada de Santiago.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB:
http://usuarios.multimania.es/aacsc/iglesia.htm
http://www.galiciaunica.es/tierra/?page_id=327
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/COLES/documents/0528CA004.pdf (Pax.1,2,3)

IMAXES NA REDE:
Iglesia de Santiago de Gustei
Iglesia de Santiago de Gustei
Iglesia de Santiago de Gustei
Iglesia de Santiago de Gustei
Iglesia de Santiago de Gustei
Iglesia de Santiago de Gustei
Iglesia de Santiago de Gustei


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.391840613347284
Lonxitude: -7.853357791900635
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84