
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: Ourense - Praza da Trindade
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A Igrexa da Santísima Trindade foi fundada entre finais do século XII e comezos do XIII non moi lonxe do Hospital de peregrinos de San Roque, do que xa se teñen noticias de comezos do século XII. Nos séculos XV e XVI leváronse a cabo reformas que lle deron o aspecto actual, con dúas características torres cilíndricas na fachada principal que lle outorgan un aspecto de castelo. Unha destas torres, a da esquina norte, sostén un corpo cadrado de campás. Foi entón cando se engadiron á cabeceira, que dá á rúa do Pai Benito Feijoo, uns recios contrafortes e unha crestería con pináculos de estilo gótico-flamíxero que percorre a cornixa. No interior, bóveda de cruzaría e retablo renacentista da Capela Maior.
Ao desaparecido hospital pertence a porta do adro exterior (Foto-2), trasladado aquí desde a súa localización orixinal na alameda, onde na actualidade se atopa o edificio de correos. Trátase dunha obra renacentista do século XVI organizada nun arco de medio punto enmarcado por dúas columnas acanaladas e con dous medallóns representando aos médicos Hipócrates e Galeno. Posúe tímpano triangular, cunha fornela acollendo a imaxe pétrea de San Roque, nos extremos dúas figuras fantásticas en representación do mal, e no vértice, un anxo. Na parte posterior da porta hai unha pequena escultura da Piedade.
O templo ten dúas portadas de ingreso. A da fachada principal presenta triple arquivolta de arcos apuntados arrancada de columnas de fuste liso e capiteis de variada decoración que apean sobre unha basa. O intradorso do arco inferior ten saíntes picudos, mentres que a clave superior e os salmeres están decorados cuns rostros de ruda talla, moi erosionados. A portada do lado do Evanxeo é menos abucinada, carece tamén de tímpano e presenta tres arquivoltas tardorrománicas decoradas con flores de catro pétalos, bolas, molduras baquetonadas e, o arco máis exterior, picos de serra. Baixo a arquería figura un único par de columnas de fuste liso.
No interior, de planta basilical, ou de nave única sen cruceiro, destaca a Capela Maior, cuberta con bóveda de cruzaría con profusión de nervios e claves, e presidida por un retablo do século XVI. Outros dous retablos laterais de estilo barroco, unha pía de auga bendita xeminada e algunhas pezas de imaxinería completan o mobiliario do templo.
Información: gl.wikipedia.org
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Igrexa_da_Sant%C3%ADsima_Trindade_de_Ourense
http://www.turismodeourense.com/fileadmin/folletos/ruta_monumental_es.pdf
IMAXES NA REDE:






http://www.panoramio.com/photo/35100851
http://www.panoramio.com/photo/35100876
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.33308988857664Lonxitude: -7.864258289337158
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




