
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: Carnota / Mazaricos
Parroquia: Arcos- O Pindo
Lugar: Rego Caldeiras (Fieiro)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
A ponte do rego Caldeiras está no límite entre os concellos de Carnota e Mazaricos, cerca na confluencia do rego Caldeiras e Sancheferro. Hoxe é o paso máis doado para acceder dende a aldea de Fieiro ao Pico do Castelo de Penafiel. Está feito a base de grandes laxes de granito postas en horizontal sobre o canle do río e apoiadas sobre outras que fan de base e apoio. En todo o camiño ata o Penafiel aínda podemos ver o resto de un camiño empedrado, a modo de calzada, que sube ata a súa base e que podería ser da mesma época que a da ponte.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.90918871309112Lonxitude: -9.10740852355957
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


(2 votos)
620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Xose Troiano says:
Abr 19, 2014
A calzada é moi antiga pero esta pontella xa non tanto ou polo menos é o que dí Pepe do Fieiro. Comentounos que esta ponte a fixera o seu pai e familiares a mediados do século XX, e que a data está inscrita nunha pedra perto da ponte. Despois de moitas búsquedas, o mércores 16 de abril apareceu a mencionada data e que pon “1950”. De todos modos, a miña opinión é que a pontella xa estaría alí pero en moi mal estado ou derrubada, xa que entronca co camiño medieval que vai a Penafiel, e que a familia de Pepe fo Fieiro fose quen a “re-construíse”. Polo tanto, trataríase dunha pontella antiga reconstruída.