
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ourense
Parroquia: Seixalbo (San Breixo)
Lugar: O Cumial
Outra denominación do ben: Cruceiro do Cumial
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Situado nun cruce de camiños no Outo do Cumial, o cruceiro de granito posúe unha plataforma de tres gradas cuadrangulares, a maior con esquinas achafranadas. Enriba, o pedestal cúbico que remata redondeado, con inscrición ao redor, catro caveiras nas esquinas, unha cobra e osos gravados, malia que moi desgastados. Sobre este, o varal cilíndrico cuadrangular na metade inferior e oitavado na superior. Leva gravados varios dos símbolos da paixón: escada, martelo, teazas, corazón, man, lanzas, flaxelo e coroa de espiñas. Sobre o capitel, cuadrangular, érguese a cruz latina, tamén cuadrangular, coas siglas INRI. Nesta disponse a figura de Cristo crucificado de catro cravos nun lado e a Virxe en actitude de oración no outro.
Na plataforma ten unha cruz de termo gravada, pois neste punto coinciden os concellos de Ourense e San Cibrao das Viñas.
Catro pivotes cónicos de granito fincados protexen o cruceiro dos coches que circulan ao seu carón.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OURENSE/documents/0455CA026.pdf (p. 15)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2942070204235Lonxitude: -7.84108400344848
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Out 29, 2020
A prensa dixital do 27 e 28 de outubro de 2020 anuncia a próxima restauración deste cruceiro:
https://www.ourense.gal/es/areas/urbanismo-licencias-y-vivienda/blog-urbanismo-licenzas-e-vivenda/8250-o-concello-restaurara-e-pora-en-valor-o-cruceiro-do-outo-do-cumial-2
https://galego.farodevigo.es/ourense/2020/10/28/nueva-vida-cruceiro-outo-do-21478047.html
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2020/10/28/restauracion-cruceiro-outo-cumial/0003_202010O28C5996.htm
E engado tamén a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/3205402.html