
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo, Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Tui
Parroquia: Areas (Santa Mariña)
Lugar: Regueiro, (Cotarel).
Outra denominación do ben: Cotarel
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Promontorio trapezoidal situado na marxe dereita da desembocadura do río San Martiño, pequeno afluente do río Miño, ao suroeste de Tui, e a 250 metros augas abaixo da nova ponte da autovía que cruza o río Miño, fronte á fortaleza de Valença do Minho.
Un texto da primeira metade do século XIX dun tecedor tudense denomínao Pontillón (posiblemente fai referencia ao pontillón que cruza o río San Martiño a escasos metros). O plano de 1762 que recolle os fachos e garitas da antiga provincia de Tui sinala a existencia dunha destas últimas na ribeira do río Miño, entre Tui e Currás. Segundo J.M. Álvarez Blázquez, nun comentario que fai sobre dito texto, apunta que consérvase nese punto restos do fortín que alí existiu.
Esta pequena construcción militar pertence ao sistema defensivo erixido ao longo da fronteira do Miño con Portugal desde Salvaterra do Miño ata A Guarda con motivo da Guerra de Restauración portuguesa (1640). A súa vez, enclávase dentro do subconxunto transfronteirizo de Tui-Valença que engloba a diversas fortificacións a ámbolos lados da beira do Miño: forte de Amorín, forte de San Luis Gonzaga, forte da Silva, forte da Gandra e fortalezas de Tui e Valença.
Trátase dunha formación en altura cun marcado carácter antropoxénico. Obsérvase un importante talude uniforme en altura e desenrolo horizontal, que se direcciona en sentido leste-oeste, cara o río Miño. No límite oeste, antes de chegar ao río, realiza un ángulo pechado. Morfolóxicamente dende o seu perímetro este recorda a un castro. Está constituido básicamente por unha obra coroada con dous accesos que parten do mesmo punto pero desembocan en dous extremos. Cara o lado do río miño aparece un nivel inferior sobre un talude e baixo este outro nivel que desemboca nun ángulo.
A súa construcción fíxose en terra, ao igual que a fortaleza de Amorín, a de Estás ou o forte da Concepción de Goián. E posiblemente, ao igual que estas a fortificación melloraríase con parapetos ou empalizadas de madeira.
A súa principal xustificación sería a defensa dos camiños entre Amorín e Tui e a do porto de barca de pasaxe que existiu nas súas inmediacións.
A día de hoxe a parte sur paralela ao Miño apenas é visible na perspectiva xeral debido á abundante vexetación e na norte viuse lixeiramente alterada coa construcción dunha vivenda e un muro en pedra. Cara o norte, xa fora do promontorio aparecen unha serie de fontes.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícolaResidencial
Código no Catálogo da Xunta: GA36055REF-1. CT/03-ARQUEO/88
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
AA.VV. “Evocación histórica de la ciudad de Tui y sus antiguas ruas”. Tui, 1997. (pp.64-65)
GARRIDO RODRÍGUEZ,J. “Fortalezas de la antigua provincia de Tuy”. Vigo, 2001.
https://dl.dropbox.com/u/5011665/FORTRANS/FORTRANS%20XUNTA%20GALICIA.pdf (p.12)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.03319746254036Lonxitude: -8.657612800598145
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Set 15, 2012
Coma información complementaria engado o enlace á ficha deste ben no catálogo do PXOM (2011) de Tui (páxina 92):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA101.pdf