Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Vide (San Xoán)
Lugar: Os Milagros (Monte Medo)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O santuario de estilo barroco-neoclásico, esta rodeado dun muro sobre o que se abren catro portas.
No seu exterior atopamos 7 capelas do vía crucis de pedra equidistantes, e ao carón do carballo da Virxe, a fonte da Virxe do século XVIII.

Precioso esmoleiro coroado por un baldaquino esferoidal que contén no seu interior unha figura de pedra da Virxe dos Milagres co Neno Xesús nos brazos. Na parte dianteira e abaixo, atópase a fonte que emana auga pola cabeza dun porco mentres que un carneiro bebe destas milagrosas augas.
A construción está coroada por catro pináculos e un no centro que remata en catro dedas dirixidas cara o ceo.
É tradicional que os fieis acudan a fonte-esmoleiro a depositar ramos de flores ou votar esmolas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.231693043471715
Lonxitude: -7.628148794174194
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84