
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Baroña (San Pedro)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A parte románica (s. XII) da igrexa está moi alterada por posteriores remodelacións. Orixinalmente, o templo tiña unha planta de nave única rectangular e agora consta de dúas naves ao engadirlle un corpo corrido no lateral norte que engloba a sancristía.
A nave principal cóbrese con bóveda de ladrillo de canón rebaixada, rebocada e pintada, e que apoia directamente nos muros de cadeirado de granito. Na cabeceira conserva a capela maior cuberta con bóveda de canón sobre arcos faixóns de medio punto que descansan en semicolumnas.
No muro sur da nave principal hai dúas fornelas de medio punto con senllos altares. No muro norte ábrese unha dobre arcada para acceder á nave lateral. No exterior, a parte máis antiga conserva a cornixa sobre canecillos.
A fachada principal é sinxela, con dous contrafortes nos extremos, unha porta principal moldurada e unha pequena
ventá sobre ela.
O vértice da fachada remátase cunha espadana formada por dous arcos, con sendas campás.
Información: turgalicia.es
Fotos: J.Carlos Sueiro
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://romanicoengalicia.blogspot.com.es/2010/01/igrexa-de-san-pedro-de-barona-porto-do.html
http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?crec=23153&ctre=1211&cidi=G
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PORTODOSON/documents/0338CA002.pdf (Pax.28)
http://www.portodoson.info/PXOM_PDSON/PXOM_PORTODOSON.htm (Pax.87)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.69897225342766Lonxitude: -9.016824960708618
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84