
Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Santiso
Parroquia: Visantoña (San Xoán)
Lugar: Vilar de Ferreiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O primeiro señor de Vilar de Ferreiros do que tenemos noticia foi Don Alvaro de Soutomaior, que a principios do século XV ostenta a posesión e xurisdición destas terras. Nombargantes o testamento de Don Suero Gómez de Soutomaior, datado en 1485, é o documento onde se cita por primera vez a casa de Vilar de Ferreiros.
Daquelas ata mediados do século XX a propiedade do pazo estivo ligada ás familias Soutomaior e Pimentel, que no seu tempo exercieron tamén a xurisdición da zona. Poseía o pazo o dereito de asilo e refuxio, segundo atestigua a cadea que ainda se conserva no patio.
Da edificación primitiva quizais formase parte como aceso principal a puerta con arco apuntado, hoxe situada entre os muros da torre. Pouco sabemos da evolución do edificio ata que Don Luis Tirso Pimentel de Soutomaior, a cabalo entre os séculos XVII e XVIII, declara no seu testamento que “… al poseer esta casa de Villar de Ferreiros la hallé tan dirruida y desmoronada por su mucha antigüedad (…) que me fue preciso renovarla y fabricarla de nuevo quasi”. A el debese a construción do portalón da entrada, fonte, patio e reconstrución da torre, dotando ao pazo dos elementos arquitetónicos máis caraterísticos, en gran medida tal como nos chegaron.
O portalón da entrada, moi ao gusto do barroco compostelano, preséntase como un arco triunfal flanqueado por duas columnas exentas. O friso aparece decorado nas metopas con veneras e cruces de Santiago e sobre el un frontón partido, en cuxo centro, bordeado por pilastras, sitúase un gran escudo cuartelado, timbrado pola corona do marqués.
Volutas e o remate en bolas de pedra acentúan a monumentalidade do conxunto. No escudo xustapóñense as franxas cuarteladas dos Soutomaior coas cinco veneras e tres franxas dos Pimentel, estas coa cruz de Santiago, a cuxa orden perteñeceron os señores do pazo. A ambos lados do portalón rompen o muro sendos balcóns con balaustres barrocos.
A fonte do patio recolle o modelo do pórtico da entrada, coas súas columnas exentas e frontón, que agora enmarcan un arco de medio punto con decoracións vexetais, que alberga a pía de auga. No intradous do arco aparece a inscrición “Don Ludovicus Tyrssus Fecit”.
O nombre do promotor das reformas volve aparecer no dintel da porta de aceso ao edificio, D Ludovicus Tyrssus PMTL (Pimentel), xunto ao da súa esposa (Dona Sebastiana Mosquera).
A torre, que entón perdera xa o seu valor defensivo, mantén o símbolo de poder do seu remate almeado e adórnase con amplos balcóns de ferro ao gusto barroco.
O pazo conta cunha casa anexa para os criados, capela privada, cortes e un enorme horreo, así coma unha grande extensión de terras ao seu redor nas que se pode ver o estanque privado ou o pombal.
Actualmente foi comprado polo grupo hosteleiro Ruta Xacobea que o emprega para a celebración de diversos actos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Don Antonio Taboada Roca fixo un minucioso estudo da xenealogía dos señores de Vilar de Ferreiros dende o século XV ao XX. Entre eles destaca a axitada biografía de Don Luis de Soutomaior Pimentel escrita polo seu neto, Don Luis Tirso Pimentel. Describe nela o intento de asasinato da súa primera esposa a causa dos ciumes, a posterior reconciliación antes de enviuvar e contraer novo matrimonio; o seu pleito co Mosterio de Samos e o posterior traslado de D. Luis ao Virreinato do Perú, onde faleceu en 1659. Foi Don Luis de Soutomaior, Familiar da Inquisición, Cabaleiro da Orde de Santiago, e xa nas indias, entre otros cargos, Correxidor da provincia de Canas e Visitador de Minerais e Inxenios no Reino do Perú. Este último cargo puidera ser a orixe da lenda que conta que no alero do pazo escóndese unha barra de ouro, cuxo achádego non trascendeu.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
TERRA DE MELIDE: Seminario de Estudos Galegos (1978)
Xenealoxía da familia Pimentel:
http://www.xenealoxiasdoortegal.net/ortegal/pimentelsouto.htm
Fotografías complementarias:
http://pt.scribd.com/doc/105792526/Fotos-Do-Pazo-Vilar-de-Ferreiros
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.865034404535905Lonxitude: -8.100346326828003
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
adela suma says:
Set 15, 2012
Acudindo á web da Xunta de planeamento urbanístico, atopamos que Santiso ten por planeamento vixente unhas N.S.P de 1985, sen catálogo; consultando, entón, o inventario das Normas Subsidiarias e Complementarias provinciais, non fun quen de atopar o inventario do concello. Tremendo.
Tomás says:
Nov 2, 2016
Este fue el pazo de mi familia hasta que mi bisabuelo Don Juan Casas Pimentel fue engañado por su abuela, que lo vendió.
Tomás says:
Nov 2, 2016
Este fue el pazo de mi familia hasta que mi bisabuelo Don Juan Casas Pimentel fue engañado por su abuela, que lo vendió.
Tomás says:
Nov 2, 2016
Este fue el pazo de mi familia hasta que mi bisabuelo Don Juan Casas Pimentel fue engañado por su abuela, que lo vendió.