Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Muros / Outes
Parroquia: Esteiro (Santa Mariña) / Freixo de Sabardes (San Xoán)
Lugar: A Laxe (Muros) - Catadoiro (Outes)
Outra denominación do ben: O Bico do Castelo Grande, Castelo de Laxe.
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Castelo ou atalaia de vixilancia situado nun outeiro rochoso na aldea da Laxe, cerca de Esteiro (Muros) a 320 m. de altitude sobre a ría. Está nun lugar estratéxico, coma na maioría de sitios onde o topónimo “castelo” está presente. Os achados de tellas, restos de cunchas, escalóns traballados na pedra, pías, a presencia dun manancial e ata un taboleiro do xogo do alquerque do nove tallado na pedra (vémolo na foto pequena), fainos pensar nunha ocupación máis que esporárica polos poboadores desta zona. Neste lugar do “castelo”, o pedregal fai un recinto cerrado polo que se accede por entre uns grandes penedos que lle fan as veces de muralla. Contaría con dúas atalaias naturais, nunha delas, a que está máis ao sur, están talladas na pedra uns chanzos para mellorar a subida e gravado o taboleiro do xogo do alquerque. Dende aquí contrólase o camiño que dende A Silvosa subiría as terras dos concellos de Mazaricos e Dumbría , polo sitio máis curto, así como a entrada da ría e a Illa da Creba, que noutros tempos e segundo Alvaro de las Casas, foi refuxio de piratas árabes e taller de reparación das súas naves, alá polo ano 1115. O Pxom de Outes recolle o asentamento como patrimonio arqueolóxico, pois fai límite co concello de Muros nestas penedías e inclúeo na tipoloxía “castro”, na parroquia de San Xoán de Sabardes, na aldea que ten como nome Catadoiro, cuxo topónimo pode facer referencia a este lugar.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Enlace a páxina do catálogo de Bens Arqueolóxicos do Pxom de Outes
(o planeamento de Muros non o contempla)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA004.pdf
(páxina 2)
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/04/12/o-bico-do-castelo-grande-a-fortaleza-dos-humildes-tesouros-agachados/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8283940124
Lonxitude: -8.97741794586
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84