Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ames
Parroquia: Ames (San Tomé)
Lugar: Castelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro está nun montículo que amosa rexas ladeiras por todos os lados agás polo seu lado norte, por onde vai acadando máis altitude ata chegar ao alto de Ventosa de 375 m. As pendentes máis acusadas están pola banda do poñente e levante. Ata o poñente rematan na pista que vai dende Lombao a Carreira. Polo levante acaban no regueiro do Luceiro que é o seu lugar de acceso. Dende el vese o castro de Cruxeiras, e está a 1 Km. en liña recta do gran Castro do Monte San Marcos de 2 ha. de superficie. Consta dun recinto circular, lixeiramente inclinado en dirección sur-norte e oeste-leste, bastante regular, pero hoxe en día está moi alterado polas obras feitas a través do tempo. Está rodeado dun valo de 1 a 1´5 m. de altura, pero parcialmente destruído polo sur, suroeste e norte, ao trazarse un camiño que leva ao monte en dirección sur a norte. A mellor parte que se conserva é a de poñente, pero en xeral está moi alterado. Na foto secundaria desta ficha podemos ver como era no 1956, na foto do voo americano. Tamén vemos un mapa de pendentes.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA 15002005
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Agrafoxo, Xerardo. O hábitat castrexo no Val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra, Ed. Sementeira,1992. ISBN 84-87848-02-8

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AMES/documents/0023CA004.pdf
(páxina 5 de 8 )


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8917654943
Lonxitude: -8.63535046577
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84