Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ames
Parroquia: Ames (San Tomé)
Lugar: Cruxeiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Segundo nos conta Xerardo Agrafoxo no libro sobre os castros da Amaía, Barcala e Dubra : “O castro está nun outeiro de altura considerable en fronte a Igrexa parroquial de San Tomé de Ames. Correspóndese ás ladeiras do monte Fontefría na súa caída en dirección á estrada de Bertamiráns a Portomouro. As pendentes do castro son bastante pronunciadas sobre todo nas bandas de poñente e levante. Ten unhas boas condicións de defensa ao contar con acusadas ladeiras e estar illado do sistema ao que pertence. Presenta forma circular e tres recintos concéntricos defendidos por tres parapetos que rodean todo castro. Conserva vestixios visibles de defensas artificiais, compostas por un dobre aparello de pedra e terra, dende o camiño que penetra no recinto exterior polo norte ata o sur. Dende aquí ao leste o parapeto interior que cingue a acrópole atópase derrubado. O central consérvase en boa medida ata o este, para desaparecer cara o norte, e o exterior, igual que o interior, pérdese e o seu estudo faise imposible ao estar esborrallado na súa totalidade”. Nos planos de pendentes lidar 2009, apréciase pola zona norte o que podería ser un antecastro ou un gran parapeto defensivo pola banda menos protexida do castro con respecto as terras próximas.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15002020
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Agrafoxo, Xerardo. O hábitat castrexo no Val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra, Ed. Sementeira,1992. ISBN 84-87848-02-8
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AMES/documents/0023CA006.pdf
(pax. 3 de 7)
Mapa de pendentes Lidar do 2010
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0094A-0505.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9056139326
Lonxitude: -8.65847110748
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84