Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Ames
Parroquia: Ames (San Tomé)
Lugar: Barouta
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A capela de estilo barroco, está formando un conxunto coa fonte e cruceiro e o adro que ten ao seu redor. O Templo de planta rectangular está feito a base de muros de cadeirado de granito rematando en unha cornixa pola parte superior. A fachada ten un pórtico de teito a tres augas na entrada, levantado con columnas apoiadas nun muro. Enriba da porta principal vai unha ventá rectangular para dar luz ao interior e dúas pilastras verticais na parte central da fachada enmarcan o arranque do campanario con adorno de placas. No seguinte corpo columnas redondeadas rematadas en arcos de medio punto configuran catro vans, onde están as campás, e soportan unha pequena cúpula rematada en pináculo. Foi construída en 1789


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AMES/documents/0023CA007.pdf (páxina 3 de 7)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9082142934
Lonxitude: -8.65613222122
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84