Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: Ames
Parroquia: Ames (San Tomé)
Lugar: Barouta
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A fonte de San Amaro está no muro do adro da ermida coa advocación deste santo. Dous canos verten auga sobre unha pía de forma semiesférica. Esta pía era a antiga pía bautismal da igrexa parroquial de San Tomé de Ames e foi trasladada aí no ano 1930, segundo conta Maximino Viaño.
O muro da fonte está feito de cadeirado de granito con dous bancos acaroados e remata o primeiro corpo en cornixa corrida. Un frontón de forma triangular remata nun espazo oco que ben puidera ter pináculo de remate ao igual que as pequenas pilastras das esquinas. Tampouco na fornela hai imaxe algunha, pois foi roubada a mediados de século XX.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AMES/documents/0023CA021.pdf (páxina 4 de 7 do pdf)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9082386548Lonxitude: -8.65611076355
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84