Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Brión
Parroquia: Bastavales (San Xulián)
Lugar: Bemil
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Pode ser este un dos mellores cruceiros de todo o concello, e aínda non se perdeu a devoción que por el senten os veciños como testemuñan as espigas de millo que sempre colgan dos brazos de San Lourenzo. Álzase sobre plataforma de tres chanzos e unha base con caveiras gravadas en cada ángulo, e por enriba un lagarto e unha serpe moi grandes. No primeiro tramo do varal vai representada a paixón e cerca do capitel unha imaxe de San Lourenzo nunha peana coa grella na man dereita e un libro na esquerda. O capitel cunha cara en cada lado, agás no que está por debaixo da Virxe, que ten unha custodia. A cruz de sección circular con nós, con cristo na fronte, a quen consola San Francisco apoiado sobre unha peana ao lado dereito. É de destacar a gran calidade da talla das figuras e os pequenos detalles como a coroa de espiñas, costelas do cristo e escapulario. Conta con inscrición pero moi borrosa, Clodio González quéreo datar por similitudes con outros do concello no séculoXVIII, sendo uns dos primeiros de Galicia onde se representa a Virxe do Carme, devoción mariana que se estendeu por esa época. Hoxe unha palmeira chega coas súas ramas a rozar o cruceiro e case imposibilita fotografar os detalles


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

González Pérez, Clodio. Brión: historia, economía, cultura e arte. Ed. Toxosoutos .1998
ISBN 84-89129-09-6 (paxs. 291-292)

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA008.pdf
(pax.20 de 31)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.82099328850854
Lonxitude: -8.66844892501831
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84