Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Vigo / Vigo (comarca)
Parroquia: San Martiño de Coia - As Travesas
Lugar: Praza de América, s/n
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Trátase dunha construción con planta en forma de E, buscando unha maior iluminación e ventilación do interior. A fachada principal segue un esquema ecléctico. A ornamentación céntrase nun corpo central, destacado cunha poderosa torre que actúa como elemento emblemático e referencial. O primeiro e segundo andar está composto por unha sucesión de columnas xónicas dobres que se suceden verticalmente. No acceso principal hai un amplo pórtico sobre o que se sitúa unha terraza ornamentada cunha balaustrada de estilo neobarroco. Nos tramos laterais sitúanse unhas pilastras que delimitan unha sucesión ordenada de vans. Destaca o tratamento da cantería; na construción utilizouse granito branco de Ulló (Arcade) e doutro de similar calidade.

O arquitecto Antonio Cominges Tapias será o encargado de deseñar o proxecto, e das obras encargarase a casa Pérez Conde.
As obras rematan en marzo de 1946. O instituto Santa Irene é inagurado oficialmente o 16 de setembro dese mesmo ano, nun acto celebrado no paraninfo do centro.

O edificio foi realizado co capital doado por José Policarpo Sanz á cidade de Vigo tras o seu falecemento.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Destaca o reloxo da torre, saido do obradoiro do mestro Evangelino Taboada a mediados dos 40 do século pasado.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIGO/documents/26620ca011.pdf (Nº de ficha A_O95)
http://arquitecturavigo.blogspot.com.es/2008/10/instituto-santa-irene.html
http://quehacerenvigo.es/2012/01/10/el-reloj-del-instituto-santa-irene/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.220000403037616
Lonxitude: -8.731845617294312
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84