
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Ponte Sampaio (Santa María)
Lugar: A Ponte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Foi construída a finais do século XII. Consta dunha única nave, bóveda e canón e unha ábsida rectangular na que aínda é posible observar algúns carronzos, xunto co Agnus Dei que se dispón sobre o testeiro. Conserva algúns elementos románicos, malia que os muros laterais foron reedificados e sufriu numerosas modificacións, coma o engadido da sancristía no século XVIII e a fachada a principios do XX, o que fai que hoxe en fai que a arquitectura románica sexa case inapreciable.
A primeiros do século XX acometeuse a prolongación da nave orixinal, o que obrigou a destruír a súa fachada occidental, construíndo unha nova que nada ten a ver co estilo primixenio. Neste mesmo momento dótase ao interior dunha bóveda de canón que nunca tivera antes, obra para a que foi preciso a labra de catro columnas románicas con capiteis en serie que permiten apoiar a bóveda sobre catro arcos faixóns lisos.
O resto do edificio é totalmente románico.
As dúas portas da nave (unha delas tapiada), os canzorros figurados do presbiterio, xunto co xa citado carneiro místico que coroa o vértice do seu tellado a dúas augas son algúns dos elementos significativos da súa obra medieval. O elemento de maior antigüidade é a súa cabeceira xunto cos muros que pechan a súa única nave.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEVEDRA/documents/0878CA001.pdf
BIBLIOGRAFÍA
Reboreda Carreira, Alberte(Coord.),Dapena Sieiro, María, Lueiro, Xoán Ignacio, Faro Álvarez,Raquel. “Roteiro polo patrimonio de Ponte Sampaio” Concello de Pontevedra. 2008.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3487996517Lonxitude: -8.60675811768
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





3 comentarios
David Conde says:
Ago 21, 2015
As columnas e capiteis da ábsida son románicos, non “neo”. Outro erro máis do citado “Roteiro”…
DavidConde says:
Set 29, 2015
Algo importante sobre esta parroquia que cabe citar é a recuperación da fonte que había trala ábsida e a existencia dunha pía bautismal románica, partida e tirada nunha escombreira a carón da igrexa (entrando na “finca do cura” pola cancela de ferro forxado que se atopa no adro ó fondo á dereita, segundo se entra, á man dereita inmediatamente). Xa case non lembro moito, pois recordo vela cando era pequeno e levabamos as vacas a pacer no eido do cura, pero parecía ben traballada e decorada.
Oscar Franco says:
Xuñ 26, 2019
Pía bautismal que podemos ver no interior da igrexa.