
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo, Fortificacións urbanas,
Concello: Sarria
Parroquia: Sarria
Lugar: Sarria
Outra denominación do ben: Castelo de Sarria
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
O Castelo do Batallón, como é coñecido popularmente, é a torre da homenaxe do desaparecido castelo de Sarria (Lugo).
Aínda que non se coñece a data da súa cosntrucción, estímase que esta tivo lugar no século XII, a raíz do matrimonio de Guitierre Ruiz de Castro con Elvira Osorio. Cando a Gran Guerra Irmandiña (1467) o castelo foi arrasado polo levantamento popular. Tras a derrota dos irmandiños, estes foron obrigados a reconstruilo de novo.
Ata o século XVII foi utilizado coma prisión e estivo habitado polo correxidor do marquesado de Sarria ata 1730.
Co tempo, o castelo foi caendo no abandono, pero en 1860 o senador lucense Casiano Pérez Batallón mercouno e cubriu os foxos defensivos do castelo. Despois de pasar por mans dos marqueses de Sarria, na actualidade pertence aos herdeiros de Pérez Batallón. Dados os elevados custos de mantenemento e á ausencia de axudas públicas, nestes momentos está á venda.
O Castelo do Batallón é un emblema do pobo de Sarria, ata o punto de que aparece na bandeira e no escudo da vila.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA006.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7776556Lonxitude: -7.4144746
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84




620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





4 comentarios
Xabier Moure says:
Xuñ 19, 2013
A torre estase a caer aos cachos. Nesta semana houbo un novo desprendemento.
Oscar Franco says:
Feb 4, 2016
A prensa escrita (Xaneiro 2016) recolle os contactos entre os donos do castelo e o Concello para a súa compra:
http://elprogreso.galiciae.com/noticia/497851/el-concello-ofrecera-por-la-compra-de-la-fortaleza-y-su-finca-unos-340000-euros
http://elprogreso.galiciae.com/noticia/497534/los-duenos-de-la-fortaleza-se-sienten-ninguneados-por-el-ayuntamiento
Oscar Franco says:
Mar 3, 2017
Nova do 26 de febreiro de 2017 sobre a compra deste ben por parte do Concello:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/sarria/2017/02/26/concello-sarria-negociara-fortaleza-tras-aprobar-plan-especial/0003_201702L26C6994.htm
JAIME FELIX LOPEZ ARIAS says:
Nov 4, 2020
As denominacións recollidas como TORRE DEL BATALLÓN , TORRE DE BATALLÓN, CASTILLO DE BATALLÓN son evidente erro . A denominación histórica e ben documentada foi a de FORTALEZA DE SÁRRIA, e como a Fortaleza foi derrubada en 1860, pasando o soar a ser propiedade nunha metade do Concello de Sárria, e na outra de don Manuel Pérez Batallón, que conservou unha torre de flanco dentro da horta da casa ali alzada por el, a única denominación correcta aplicable é a de TORRE DA FORTALEZA DE SÁRRIA.