
Outra fotografía:
Tipo de ben: Vila romana,
Concello: Cambre
Parroquia: Cambre (Santa María)
Lugar: Cambre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
Unha Villae é un asentamento rural composto de dúas partes ben diferenciadas: a parte residencial e a parte productiva, neste caso descoñecida pero que estaría adicada a actividades agropecuarias. A Villae dispúñase sobre unha serie de terrazas fluviais que caen cara ó rio e escalonaríase por tanto a distintos niveis. Durante as escavacións documentáronse varios destes escalonamentos: no máis elevado, documentáronse restos dunha “pilae” (columnas de ladrillo cuadrangulares) que probablemente corresponden con un “caldarium” (parte quente das termas). A continuación habería un “tepidarium” (parte templada) e, no derradeiro nivel, atopouse o “balneum” o “frigidarium” froito desta musealización.
Trátase dunha construcción de doble corpo composto polo antedito “balneum” (piscina ou baño cuberto de auga fría) e as “letrinae” (letrinas) en bo estado de conservación. Tamén hai indicios dunha construcción moi deteriorada, moi perto do “balneum” que probablemente podería ser unha “natatio” (piscina ó aire libre).
No proceso de escavación, atopáronse no interior do balneum diversos fragmentos de pinturas murais que permitiron a reconstrucción do sistema de cuberta abovedada da edificación principal. Os motivos das pinturas eran de “fauna mariña” (polbos, peixes, vieiras…) pintados sobre fondo azul, así como a súa lixeira curbatura superficial, permitiron deducir que a piscina estaba cuberta cunha bóveda de canón. Os “motivos xeométricos” decoraban as paredes verticais: orlas vexetais, cenefas, puntos, e imitacións de mármores, dispostos en franxas ben delimitadas de maneira armónica e coidada.
O “balneum” configúrase como unha sala rectangular cuberta con bóveda de canón. O seu sistema de cuberta sería a dúas augas con teito composto de “tegulae” e ímbrices (parte semicircular). Deste modo confórmase un espazo de piscina cuberta á que se accede por unha serie de escalóns moi ben trazados (construídos con máis de 600 ladrillos) e recubertos, como no resto da piscina, cun morteiro especial impermeabilizante. Este morteiro (“opus signinum, mistura de auga, cal, area e tella machacada) recubríase cunha capa de cor branco, coa finalidade de acentuar a escenografía mariña da bóveda.
As letrinas chegaron ata nós en peor estado de conservación, aínda que a recontrucción é bastante segura en liñas xerais. O importante da ambientación deste espazo é a manifestación da evidencia do sentido que os romanos tiñan sobre estes aspectos: o que hoxendía é un acto íntimo e privado, no mundo romano era un acto comunal, lonxe dos tabúes e do sentido do pudor.
As edificacións dispoñíanse en pendente de forma gradual (caldarium, tepidarium, balneum ou frigidarium e letrinae). Este feito posibilitaba o trasvase de auga dende o nivel máis alto ata as letrinas, de modo que facilitaba a súa limpeza. Debaixo de cada ringleira de asentos hai un canal perfectamente definido que se limpiaría, ben coa auga da propia piscina ou baño cuberto, ben mediante a provisión de caldeiros.
Entre canal de desaugue (construído totalmente de ladrillos) e o canal de desaugue final (tamén construído a base de ladrillos), aparece un pozo cheo de area cuia función é similar á dunha arqueta de decantación para depurar as augas fecais.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– BOGA MOSCOSO, RAMÓN: Folla explicativa do xacemento romano de Cambre, centro de recepción de visitantes, museo de Cambre.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.291845432441036Lonxitude: -8.344926238059997
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




