
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Brión
Parroquia: Ons (Santa María)
Lugar: Ons
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O lugar do castro consta no pxom de Brión como Solo Rústico de Protección Histórico (RPH) e de Protección non Integral (G III ), tamén o califíca de Xacemento Arqueolóxico (TOP 1). Os veciños denominan a este sitio o Castro, e aínda se pode ver no seu entorno restos do que podían ser os muros defensivos cara o regueiro de Chavielos. Gran cantidade de pedra foi utilizada para facer casas na aldea e valados no mesmo monte, pero no lugar aínda se adiviñan certas estruturas que só una escavación podería clarexar. Xerardo Agrafoxo non o inclúe no libro “ O habitat castrexo no Val da Barcala, Amaía e o Val de Barcala. (1992) ”, pero Clodio González Pérez no libro sobre o Concello de Brión cóntanos a seguinte historia: “ Castro de Ons : Na posguerra unha familia trouxo unha cuadrilla de canteiros de fóra do concello para construír a casa. A pedra sacábana no castro, pero un día os canteiros desapareceron, deixando na canteira todas as ferramentas e nunca máis se soubo deles. A opinión xenaralizada é a de que deberon dar con algún tesouro e, co medo a que os descubrisen, fuxiron con el ”.
Atópase o Castro totalmente cuberto de vexetación e impide poder velo na súa totalidade e poder comprobar o que queda del.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.infobrion.com/sistema/download/1077129280_CATALOGO_ARQUEOLOXIA.pdf
(pax. 16 e 17)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA002.pdf ( páx.17)
Plano letras TOP 1, RPH, GIII. Esquina dereita, no medio en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078PB001.jpg
González Pérez, Clodio. Brión: historia, economía, cultura e arte. Ed. Toxosoutos .1998
ISBN 84-89129-09-6 (pax 37)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.883998947700576Lonxitude: -8.732929229736328
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




