Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...),
Concello: A Lama
Parroquia: Covelo (San Sebastián)
Lugar: O Pelete
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:

Edificio do 1866 construído en cantaría granítica, de planta rectangular con cuberta a catro augas.
Posúe unha distribución moi regular de ocos. No primeiro andar os vans alintelados alternan portas e fiestras. No segundo andar portas de arco rebaixado ábrense a unha gran balconada corrida. Outros balcóns máis pequenos ábrense nos laterais.
Na fachada lateral dereita existía unha escalinata que daba acceso directo ao segundo andar e que hoxe non se conserva.
Sobre a cornixa superior érguese un parapeto con pináculos que disimula o tellado, e que no centro do edificio levántase formando un frontispicio semicircular que enmarca un medallón ovalado con inscripción fundacional coa seguinte lenda:
“RECUERDO DE ETERNA MEMORIA DE D. MANUEL MOREIRA GARCÍA, FUNDADOR DE ESTA OBRA PÍA Y SU SOBRIÑO D. DOMINGO MOREIRA GARCÍA, AÑO DE 1901”.

O edificio foi concebido como escola fundada como obra pía polos emigrantes da Lama. Na actualidade funciona como centro sociocultural para uso dos veciños.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ALAMA/documents/0813CA004.pdf (Páxina 3; ficha nº 27)
http://mapas.consellodacultura.gal/escolas/

REFERENCIA BIBLIOGRÁFICA
OBELLEIRO, Luis: As escolas de fundación de obra pía de San Martiño de Verducido e San Salvador de Lama. A Lama: Concello da Lama, 1998


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.435224241891
Lonxitude: -8.386897444725
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84