Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Mos
Parroquia: Cela
Lugar: Situado no interior dos terreos do Círculo Mercantil de Vigo
Outra denominación do ben: Dolmen de Cela / Dolmen de San Cosme / Dolmen das Minas / Dolmen de San Colmado / Anta do Meixoeiro
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Trátase dun dolmen de corredor curto e cámara de tamaño medio. Orientado cara o sudeste conserva na actualidade 7 dos 8 posibles ortostatos da cámara e o corredor.
A cámara ten unhas dimensións de 2 metros de diámetro por 1,7 metros de altura.
Atópase aberta cara o norte por falta dun ortostato. A tampa é de gran grosor, case 1 metro, e unhas dimensións de 3 metros por 3.
Formaba parte dunha necrópole de 12 monumentos megalíticos situados nos lugares de “As Pereiras”, “Cela” e “San Cosme” e que constituían unha continuación da gran necrópole do Alto de Rebullón e a de “As Xunqueiras”.
Foi trasladado desde o seu emprazamento orixinario, e incluso nun inventario publicado no ano 1977 foi considerado desaparecido.
Declaración expresa de BIC.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Declaración como BIC: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2011/20110408/AnuncioEA06_gl.pdf

GARCÍA ALÉN e FILGUEIRA VALVERDE, “Inventario de monumentos megalíticos de la provincia de Pontevedra”, Revista de El Museo de Pontevedra.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.17541464484223
Lonxitude: -8.66970419883728
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84