Outra fotografía:

Tipo de ben: Reitoral,
Concello: Tui
Parroquia: Areas (Santa Mariña)
Lugar: O Atrio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

As casas reitorais teñen como función específica constituir a residencia do abade ou cura párroco da freguesía. En liñas xerais, arquitectónicamente a reitoral resulta moi similar á linguaxe formal e estilística dos pazos, co que mantén unha mesma finalidade residencial e de ubicación nun entorno rural.

Como residencia do abade, a casa está vinculada á inmediata igrexa parroquial de Santa Mariña (s. XIII, remodelada nos ss. XVIII-XIX) coa que formaría un conxunto ao que se lle suman outras pequenas dependencias.

Presenta unha planimetría típica da arquitectura pacega, en escuadra (L) aberta cara o sur.

En alzado presenta un tratamento mural sinxelo no que se combinan sillares regulares con cachotería, especialmente na parte posterior, reservando así os sillares regulares para a que é a fachada máis elegante situada ao sur. Esta fachada constitúe o elemento máis singular e monumental da edificación presentando un remate convexo que nos fala dunha posible filiación coa arquitectura barroca portuguesa. Asimesmo, no frontón da fachada lucía un reloxo de sol con decoración antropomórfica hoxe desaparecido. Na cruxía oeste atópase o portal de entrada con lintel decorado e epígrafe coa data de 1833 en números latinos. Nesta mesma fachada posúe tamén un balcón sustentado por tres ménsulas. Na fachada norte ábrense dúas portas con acceso á parte inferior que teñen como característica un orificio conectado co andar superior coa hipotética finalidade de efectuar un disparo no caso de posible ataque. Os vans que amosa son rectangulares con doselete no piso superior e no inferior básicamente son saeteiras ou pequenas xanelas.

A edificación consta de planta baixa na que se situarían as dependencias relativas ao campo: cortes e adega, cun lagar moi ben conservado; e planta superior como vivenda do crego, arquivo parroquial, etc. O acceso ao andar superior pódese facer desde o interior a través dunha grande escada que conecta coa entrada principal ou mediante escadas exteriores situadas no patio sur-leste.

Outros elementos que presenta o conxunto son unha pequena edificación entre a casa e a igrexa, pozo e lavadoiro cubertos e hórreo hoxe desaparecido. O espazo máis próximo ao edificio atópase acotado por un muro de cachotería con acceso mediante portalón alintelado e rematado cunha moldura e cruz.

En conclusión, mostra a apariencia dunha casona monumental ao mesmo que sinxela que combina características da arquitectura fidalga coa popular.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PEREIRA MOLARES, A.M. “Arquitecturas y arquitectos en la Diócesis de Tui. Siglos XVII y XVIII”. F. Pedro Barrié de la Maza, 2006. (p. 121)
VILA BOTANES, S. “Pazos e casas de Tui. A arquitectura civil en Tui e Valença”. Tui, 2000. (pp. 118-119)

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA103.pdf (p. 59)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0320419589
Lonxitude: -8.66197943687
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84