Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte, Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Redondela
Parroquia: Reboreda (Santa María)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
O viaducto preséntase dominando o skyline da vila de Redondela. É pois, xunto co “viaducto Pontevedra”, posiblemente o principal configurador do espazo urbano, ademáis dunha icona desta vila. Trátase dunha infraestrutura ferroviaria de finais do século XIX que surxe coa creación da liña férrea Vigo-Ourense e que quedou inactiva desde o ano 1971, trala construcción dunha nova variante na devandita liña.
O proxecto do viaducto Madrid foi redactado en 1872 polos enxeñeiros franceses da “Compagnie de Fives-Lille”: Schaken, Hovel e Caillet. Posteriormente o encargado de dirixir as obras sería o enxeñeiro belga Auguste Cazaux, que sustituiría os piares proxectados en metal por piares de canteiría, cuestión que tamén repetiu poucos anos despois na ponte internacional de Tui.
As obras rematáronse en 1876 e en 1877 leváronse a cabo as probas de carga e resistencia. Unha vez concluídos os trámites que asegurasen a súa viabilidade só quedaba a inauguración e posterior posta en servizo. A inauguración celebrouse o 9 de xuño de 1877 coa presenza do rei Afonso XIII, numerosas autoridades e público. Do importante acontecemento fíxose eco a prensa do momento.
O viaducto salva o val do río Alvedosa voando por riba do núcleo urbano redondelán. O imponente aspecto desta obra confórmase a través da unión de dous materiais: o tradicional granito e o novidoso e industrial ferro laminado. Co primeiro realizáronse os estribos de acceso, construídos con bóvedas de sillería e que presentan molduras, zócalos e aristóns labrados á romana. De sillería granítica tamén son as monumentais pilas. O tableiro metálico é unha estrutura continua de vigas en celosía disposta en cinco tramos con luces de 51 metros sustentado por catro pilares troncopiramidais. A lonxitude total da ponte é de 256 metros. A separación entre as dúas vigas de celosía múltiple que sosteñen a plataforma do viaducto é de 3,60 metros e o canto das mesmmas de 4,40 metros.
Ferro e pedra conxúganse nunha masa única na que contrasta a lixeireza da obra metálica coa pesadez dos macizos piares. A pesares deste contraste, a súa configuración espacial móstrase coma un volume continuo no que o ritmo de celosías aumenta notablemente a sensación de horizontalidade e homoxeneidade tan só rachada polos estribos e piares.
Como obra enxeñeiril, prima a máxima da economía e utilidade, por tanto carece calquer elemento de ornato. Sen embargo, este aspecto non o fai desmerecer en canto a valores estéticos, se non que, da combinación da simplicidade e a monumentalidade obtense un elemento harmónico en total correlación coa paisaxe.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ANTUÑA SOUTO, C.A. “Los viaductos de Redondela”. Historias de las rías. Vigo, 2000.
NAVASCUÉS PALACIO, P. “Arquitectura e ingeniería del hierro en España (1814-1936)”. Madrid, 2007.
VV.AA. “Pontes históricas de Galicia”. Santiago de Compostela, 1989.
http://ropdigital.ciccp.es/pdf/publico/2002/2002_diciembre_3428_03.pdf
http://redondelanexpress.blogspot.com.es/2012/04/eiffel-y-floriani-los-mitos-y-la.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.28127776912906Lonxitude: -8.610813617706299
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Out 14, 2012
Coma información complementaria, engado o enlace ao catálogo (é realmente un listado) das N.S.P (1987) do concello:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/REDONDELA/documents/0906CA001.pdf