Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: Redondela
Parroquia: Redondela (Santa María)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Ponte froito do proxecto do enxeñeiro Mariano Cordereda para a liña ferroviaria Redondela-Pontevedra, presentado o 25 de abril de 1881. Da súa execución encargouse a compañía barcelonesa “La Maquinista Terrestre y Marítima”, constructora tamén da ponte metálica para ferrocarril que une Arcade con Pontesampaio, na mesma liña férrea do viaducto Pontevedra. A dirección da obra recaíu no enxeñeiro Luis Wirtz. Foi inaugurado no ano 1884.
O sistema constructivo empregado foi o de avance por voadizos ao igual que no viaducto Madrid ou a ponte internacional de Tui. Tamén, do mesmo xeito que no seu veciño viaducto Madrid, o Pontevedra é unha ponte metálica de tableiro superior con estribos realizados en canteiría de granito. A obra en ferro laminado e celosía tipo “warren” (moi empregada nos viaductos norteamericanos) consta de tres tramos con luces de 46, 57, 50 e 46 metros.
A principal diferenza co viaducto Madrid constitúena os elementos sustentantes. Neste viaducto o taboleiro está apoiado en piares metálicos sobre basamento en granito. A separación entre as vigas de celosía múltiple que soportan o taboleiro é de 3,60 metros e o canto de 5,20 metros. A obra complétase cos estribos de fábrica de cantería que constan dunha bóveda no lado esquerdo e nove no dereito con 8 metros de luz.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ANTUÑA SOUTO, C.A. “Los viaductos de Redondela”. Historias de las rías. Vigo, 2000.
NAVASCUÉS PALACIO, P. «Arquitectura e ingeniería del hierro en España (1814-1936)». Madrid, 2007.
VV.AA. «Pontes históricas de Galicia». Santiago de Compostela, 1989.
http://redondelanexpress.blogspot.com.es/2012/05/el-segundo-viaducto-de-redondela.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2860719815549Lonxitude: -8.609204292297363
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
adela suma says:
Out 14, 2012
O catálogo das N.S.P (1987) do concello sinalan coma elemento catalogado un “viaducto de ferrocarril”; non queda claro se se refire ao Ponteveda ou ao Madrid (tratándose ambolos dous de estruturas do século XIX) o que é moi chocante dado que é moi difícil non velos ao realizar un catálogo de planeamento:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/REDONDELA/documents/0906CA001.pdf
Oscar Franco says:
Dec 24, 2014
A Asociación Alén Nós de Redondela denuncia a agresión que está a sufrir este viaducto. A noticia atópase no Faro de Vigo do 21 de decembro de 2014:
http://www.farodevigo.es/comarcas/2014/12/21/alen-advierte-impacto-viaducto-pontevedra/1153762.html
Oscar Franco says:
Xuñ 9, 2015
A Dirección Xeral de Patrimonio toma cartas na agresión que sufríu este viaduto (ver comentario anterior) e manda reparar as cornixas que foron cortadas.
Noticia do 7 de xuño de 2015:
http://www.farodevigo.es/comarcas/2015/06/07/adif-repara-cornisas-viaducto-cortadas/1254952.html