
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida, Pazo / Casa Grande, Hórreo,
Concello: Tomiño
Parroquia: Sobrada (San Salvador)
Lugar: Monte/Bouza Valada
Outra denominación do ben: Pazo das Marabillas.
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Pazo ubicado nun entorno rural no límite da parroquia de Sobrada (Tomiño) con Areas (Tui) e sobre o que apenas existen fontes documentais. As principais referencias atópanse nunha placa do muro de peche na que se nos informa de que o edificio foi edificado por Don Juan Piñeiro Falcón no ano 1726, e nunha inscrición no blasón da entrada que fai referencia ao ano 1790. Estes datos non implican que con anterioridade a esas datas non existise unha edificación no lugar.
O edificio presenta unha imaxe de gran sobriedade e rusticidade, achegándose aos parámetros construtivos da arquitectura popular. Nel, os elementos diferenciadores son o portón de entrada con blasón, un campanil e a capela adxacente.
A casa presenta unha planimetría en U, na que se abre un amplo patio cara o leste. O patio organízase a través de tres cruxías; no muro esquerdo do patio aparece un blasón coas armas dos Piñeiro e Falcón coroado con xelmo, na cruxía central ábrese unha solaina corrida pechada con baranda de forxa. A mesma presenta cubrición sostida por pilares de arista biselada sen basa e con capitel prismático. Centra esta composición unha sinxela escalinata que une a solaina e a eira que se ubican a diferente nivel. No muro dereito levántase unha pequena torreta con reloxo de sol rematada cun campanil. Todo o paramento mural é a base de sillería irregular ou cachotería de granito que lle confiren gran rusticidade ao edificio. Outro elemento característico do pazo é o portón de entrada, ubicado na parte oposta do muro dereito do patio. O paramento organízase como un pano de mampostería de desenrolo horizontal totalmente compacto no que se abre o portón adintelado. Os únicos elementos de ornato que se atopan son o blasón coas armas dos Falcón (un falcón sobre un castelo) e dous merlóns. O escudo é de forma oval flanqueado por volutas e cunha basa coa inscrición de 1790.
O outro elemento que compón o conxunto é a capela, baixo a advocación da Virxe das Marabillas e San Bieito. Trátase dunha pequena construción exenta dun único volume rectangular. Posúe unha excelente sillería en comparación co pazo pero mantén a mesma sinxeleza. Sobre a porta de arco de medio punto érguese unha pequena espadaña que alberga unha imaxe mariana. No interior domina a absoluta sobriedade, tan só rachada polo pequeno retábulo organizado nun só corpo coa virxe das Marabillas no centro flanqueada por columnas salomónicas con decoración de acios de uvas e follas de vide e no ático a imaxe de San Telmo flanqueada por dous bustos. A capela alberga unha suposta reliquia de San Bieito traída desde Roma pola Marquesa de Montesaco, antiga propietaria do pazo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: AgrícolaResidencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
PEREIRA MOLARES,A.M. “Arquitecturas y arquitectos en la Diócesis de Tui. Siglos XVII y XVIII”. F. Pedro Barrié de la Maza, 2006. (pp. 583 a 589)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.02503676656319Lonxitude: -8.671302795410156
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
Oscar Franco says:
Ago 19, 2013
Nest pazo viviu ata a súa morte José Peñaredonda, comandante retirado do exército que desempeñou durante breve tempo as funcións de alcalde de Tui na etapa do Alzamento Nacional de 1936. (“As parroquias de Tui – síntese histótica.” – Martínez Sigüenza, Xulio. Ed. Diputación de Pontevedra)
Oscar Franco says:
Nov 8, 2017
Detalle do escudo e a lenda que aparece por riba da porta principal.
Fotografía do 4 de novembro de 2017.