
Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Cambre
Parroquia: Sigrás (Santiago)
Lugar: Lugar de Sobrecarreira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
O Peto de San Antón fica nunha fachada de traza pentagonal de cantería, recebada e caleada agás os vans da cornixa e o cume a dúas augas. Ten unha longa bancada pétrea que acada case toda a fachada e consta de tres pezas rectangulares sobre catro chanzos e dous reposabrazos, un en cada estremo, todo de cantería. O peto sitúase máis ou menos na metade da fachada e consta dunha fornela de cantería cun arco de medio punto e na cal está situada a imaxe de Santo Antón. Ten unha inscrición que dí: “SI BUSCAS MILAGROS MIRA, AÑO 1815”. Este peto e propiedade dos herdeiros da familia dos Atocha, que viven na Casa Solariega que hai na fronte.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CAMBRE/documents/0091CA008.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.287714224413676Lonxitude: -8.36460292339325
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





4 comentarios
Moncho says:
Out 15, 2012
É propiedade dos herdeiros da familia dos Atocha, que viven na Casa Solariega que hai na fronte.
Xose Troiano says:
Out 15, 2012
Moitas gracias pola información, Moncho.
Oscar Franco says:
Mar 15, 2015
Este peto aparece na seguinte referencia bibligráfica:
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia da Coruña. Ed. IR INDO, 1998
Oscar Franco says:
Mai 6, 2024
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
REFERENCIAS DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html