
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: Tui
Parroquia: Pazos de Reis (O Sagrario)
Lugar: Porteliña, (Lagarteira).
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:
Destinado a levar auga desde un manancial na ladeira do Monte Aloia ata a Casa da Lagarteira, constitúe uns dos elementos máis singulares da arquitectura popular no concello de Tui, ademáis de que segue a continuar coa súa función.
O seu aparello é de granito, combinando sillares irregulares tratados toscamente con cachotería. Amosa unha construcción moi básica: estrutura adintelada definida por unha sucesión de pilares (3,5 m de alto x 2,20 de separación aprox) que sosteñen os canos de pedra destinados á condución da auga. Esta sucesión de pilares xera outra de 22 vans adintelados que en suma concédenlle unha lonxitude aproximada duns 70 metros. Cada pilar posúe pola cara leste dúas ménsulas nos extremos, posiblemente empregadas para a suxeición de cimbras ou a andamiaxe durante a súa construcción.
Na actualidade un dos extremos está mutilado debido a un ensanchamento do camiño que atravesa, deste xeito perdería alomenos dúas arcadas. Sen embargo segue a transportar auga que discorre por unha nova tubaxe ata a casa onde prosegue o acueduto pero xa con menores dimensións.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta: CT/03-ARQ/76
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA103.pdf (p.76)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0574103909Lonxitude: -8.65097165108
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84



620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




