
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cambre
Parroquia: Sigrás (Santiago)
Lugar: Sigrás de arriba, O Adro.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Cruceiro de tipo De Crucifixo con plataforma cadrangular de catro chanzos, os tres primeiros con voo. Ten un pedestal moi moldurado e unha grande escocia. Pegada o primeiro chanzo leva acaroada unha mesa. O varal é cadrado con chafráns na que ten unha inscrición polo anverso que dí: “+ JHS MISION 1908” e ten outra inscrición no lado esquerdo coa data de contrucción: “1867”. O capitel é cadrangular moldurado cun anxo con ás por cada lado. A súa cruz é circular, leñosa con nós. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara á dereita sen coroa e cun pergamiño coas siglas INRI. O se pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Dorosa coas mans xuntas sobre o peito e cunha espada cravada. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CAMBRE/documents/0091CA008.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.286583755174696Lonxitude: -8.365246653556823
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Ago 29, 2025
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/150171001.html
e as seguintes referencias bibliográficas:
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.
LAREDO VERDEJO, José M. (1993). Os nosos cruceiros. Boreal – Xuntanza Editorial.
CASABELLA, Xan e CASARES, Amparo. (2010). Cruceiros y entornos. Actas do IIº Congreso Galego sobre Cruceiros e cruces de pedra”. Editor: E F. de la Cigoña.
CARDESO LIÑARES, José. (1990). El arte en el valle de Barcala: presencia jacobea, el escultor Rodeiro, la visita de Mayo y Leis. Compostellanum: revista de la Archidiócesis de Santiago de Compostela, ISSN 0573-2018, Vol. 35, Nº. 3-4 (Julio-Diciembre), 1990, págs. 541-643.
Nesta última referencia bibliográfica faise referencia a que este cruceiro é a única obra en granito do escultor Francisco Rodeiro.