Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Culleredo
Parroquia: Rutis (Santa María)
Lugar: Adro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo De Crucifixo con plataforma cadrangular de catro chanzos e pedestal cadrangular de dous corpos tetramorfos. No primeiro corpo empezando polo anverso ten as figuras dunha cabeza de león, dunha vaca, dun águia e dunha virxe, e no segundo corpo polo reverso ten a data do cruceiro: “1963”. O varal é circular comenzando en cadrado. O capitel é cadrangular con astrágalo circular e liso. O ábaco de lados curvos cos vértices achafranados, ademais ten volutas, frores e follas de ápice groso e redondo. A súa cruz é cadrangular cos brazos ornamentados e con remates de forma potenzada. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai suxeito cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude e orar coas mans xuntas sobre unha peaña. O cruceiro é todo de granito cun moi bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTIN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”, Vol.II, Deputación Provincial da Coruña, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.317221993905584
Lonxitude: -8.384089171886444
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84