Outra fotografía:

Tipo de ben: Pombal,
Concello: Brión
Parroquia: Os Anxeles, Santa María
Lugar: Soigrexa/ Sanín
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Estamos ante unha fermosa mostra de pombal de planta octogonal e que o fai sensiblemente diferente aos tradicionais de planta redonda. Amosa perpiaño ben labrado no vértice dos lados e o resto do muro vai revogado e pintado de branco. O tellado vai a oito augas coincidindo cos lenzos de cada lado do polígono, con tella do país para a cuberta e rematado en pináculo de pedra apoiado nun pequeno tornachoivas. Unha única porta serve de acceso ao interior do mesmo, e para entrada das pombas, situáronse cerca da cima uns buratiños cadrados. Un beirado ou cornixa sobresae arredor do seu perímetro e cerca do tellado, servindo de lugar de pousadeiro das pombas. Está na gran finca do Pazo de Armental e forma parte do entorno catalogado do pazo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Pxom coa ficha do pazo
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA022.pdf (19 de 28)
Nomeado na web
http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?crec=9505&ctre=1221&cidi=I


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8474642021227
Lonxitude: -8.674886226654053
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84