Outra fotografía:
Tipo de ben: Mina, Alpendres e edificios auxiliares,
Concello: Beariz / Carballiño (comarca)
Parroquia: Xirazga (San Salvador)
Lugar: O Campanario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Esta mina do Campanario funcionou dende o inicio da II Guerra Mundial ata os anos 50. Aínda pervive o edificio auxiliar no que, segundo contan os antigos traballadores, existían uns fornos de fundición que funcionaban con electricidade. Nos arredores do edificio tamén se pode ver o antigo lavadoiro no que traballadores lavaban o que extraían do interior da mina a man e transportaban en carretillas.
Nos inicios da explotación desta mina, eran os propios alemáns os que viñan ata aquí a mercar o produto. Os vellos do lugar recordan como se traballou a reo para facer unha pista pola que máis tarde subirían os coches deste mercadores do metal.
A explotación das minas foi levada a cabo no só por compañías, senón que moitas eran traballadas por particulares, e nas escombreiras os nenos e mulleres recollían os restos do metal, que unha vez lavado no río aportaba ás familias da posguerra unha axuda en tempos de moita necesidade.
As primeiras explotacións mineiras da zona remóntanse á época dos romanos, centradas na presenza de ouro asociado a outros metais, pasando pola época da explosión de tres empresas relacionadas coa busca de estaño e volframio.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.48108222126461Lonxitude: -8.339044153690338
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84