
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Brión
Parroquia: Os Ánxeles, Santa María
Lugar: Os Ánxeles
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O esvelto cruceiro érguese no medio do campo onde se celebran as festas parroquiais. Está asentado sobre unha gran plataforma octogonal de cinco chanzos, o superior está agrandado cara a fronte para facer de pousadoiro. Despois está a basa, moi alta e de perfís cóncavos e convexos. A continuación elévase o fino varal no que están labrados as ferramentas da paixón: coroa, látigo, esqueira e martelo. O varal remata en capitel sinxelo, só con molduras, o que lle segue o conxunto formado pola cruz, coa imaxe de Cristo por un lado moi ben labrada e na que se distinguen trazos anatómicos, coma as costelas, e o pano de pureza anoado á dereita. No reverso a Virxe da Soedade, coas mans xuntas sobre o peito e a cabeza cuberta co manto. Clodio González Pérez dátao no 1765 porque coida que é a obra que se lle encargou ao escultor Xacinto López que está no AHDS (Arquivo Histórico Diocesano, Santiago de Compostela) libro de fábrica da parroquia dos Ánxeles, folio 46.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
González Pérez, Clodio. Brión: historia, economía, cultura e arte. Ed. Toxosoutos .1998
ISBN 84-89129-09-6 (pax. 289)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/BRION/documents/0078CA021.pdf
( pax. 8 de 39.ficha individual nº 3)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.84957619398733Lonxitude: -8.675299286842346
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




