Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Ares
Parroquia: Cervás
Lugar: Montefaro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

En Montefaro mandou construir en 1393 Fernán Pérez de Andrade este mosteiro. Arquitectonicamente é complicado saber como era en orixe xa que sufriu numerosas reformas ó longo dos anos (debidas sobra todo a que a finais do século XIX pasou a mans do exércicto, sufrindo diversas modificacións para adapatrase ó su novo uso) . Parece que o seu estilo era de transición entre o románico e o gótico. Da construcción orixinal só se conserva unha portada gótica cuios capiteis mostran esceas da vida de San Francisco de Asís. O edificio posee dous claustros, ambos bastante modificados. Na entrada conservase una torre barroca do século XVIII.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Unha das maiores xoias que garda este mosterio é o seu retablo barroco, de mediados do século XVIII. Na parte superior aparece a figura de Santa Catalina de Alexandría, de estilo románico. O corpo pricipal está dividido por dúas grandes columnas salomónicas. Aquí atopase a imaxe da Inmaculada rodeada pola de San Francisco de Asís e Santo Domingo de Guzmán. Estas tres últimas imaxes pertencen á escola de Xosé Ferreiro.Actualmene tanto o retablo como as imaxes están en bastante mal estado.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

COUCEIRO FREIJOMIL A.: “Historia de Puentedeume y su comarca”. Pontedeume 1981
CARDESO LIÑARES J.: Santuarios Marianos de Galicia. A Coruña, 1987


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

O mosteiro está bastante deteriorado. A propiedade sigue sendo militar, no ano 2000 firmase un acordo co Concello de Ares para que a xestión pase a este último. O Concello realiza labores de mantemento no edificio, pero non son suficientes ó tratarse dunha edificación tran grade. O retablo, por exemplo, está xa moi deteriorado.


Onde está localizado

Latitude: 43.45079259876588
Lonxitude: -8.282039165496826
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84