Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Brión / Santiago (comarca)
Parroquia: Brión (San Fins)
Lugar: Igrexa, A
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A capela atópase á beira dun antigo camiño empedrado que ía desde a aldea de Quintáns a Igrexa de San Fins. É de planta rectangular e ten unha gran arcada no lugar onde se supón que estaría a porta. Ten ao seu carón unha fonte cunha pequena imaxe do santo, moi deteriorado e da que só queda da orixinal a parte de abaixo, e o resto está acabado en cemento. Está protexido por unha reixa de ferro.
A capela está en ruína total e enriba dos muros que quedan en pé nacen eucaliptos e carballos que están rebentando as pedras e esborrallándo os seus lenzos. Ten ao seu redor unha gran selva de fentos e de bosque moi mesto e o lugar é moi abondoso en auga.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Está en perigo de derrubo, sobre todo o arco, polas árbores que necen no muros. Está nunha selva total que acabará facéndoa desaparecer.


Onde está localizado

Latitude: 42.8706803462
Lonxitude: -8.68553996086
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84