
Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Cenlle / Ribeiro (comarca)
Parroquia: Santa María de Razamonde
Lugar: Razamonde
Outra denominación do ben: Fonte de Lagharellos
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
Lagarellos, ou Lagharellos, é un pequeno lugar da parroquia de Razamonde, concello de Cenlle (Ourense). Atópase en zona de viñedos, ó abeiro do Monte do Santrocado. Moi cerca existía un poboado castrexo mineiro (O Castelo de Laias, entre Laias e Barbantes), con canles e tanques escavados na rocha, para o lavado do mineral. Na aldea de Lagharellos son correntes os restos de antigos lagares, canalizacións, fermosos muros de pedra, e, ó final do camiño,cruelmente pavimentado de cemento, unha fonte romana con arco de medio punto, unha verdadeira xoia na arqueoloxía e na etnografía do concello. Pero esta fermosura de fonte atópase totalmente abandonada. Un panel informativo tapado pola silveira di: “FONTE DE LAGARELLOS: É unha fonte de captación de auga sen pozo, posiblemente para limpar os minerais de ouro e estaño que se extraían nas ladeiras do monte onde se atopan varias bocaminas de época prerromana-romana e que o confirma os restos dun lavadeiro de mineral existente máis abaixo da fonte, nunha propiedade privada, moi preto, xunto con condutos de auga labrados en pedra e cimentación de construcións presumibles da mesma época.
Fonte de construción sumamente singular, de forma abovedada, asentada sobre un xacemento romano.”
É un indicador da presenza romana nestas terras, que aproveitaron os seus recursos mineiros. Está a menos de 5 quilómetros do castro de San Cibrao das Las (San Amaro e Punxín), e da vila romana de Eiras.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Realizada en granito, a fonte está cuberta por bóveda, tamén de pedra. Ó abandono habitual que permite o crecemento das silveiras únese o maltrato ó que foi sometido o monumento pasando por enriba del nada menos que a flamante autovía A-52, a asasina do veciño poboado mineiro do Castelo de Laias, que tamén ocasionou movementos de terras que sepultaron parcialmente a fonte de Lagharellos.
A primeira fotografía que acompaña a esta descrición foi realizada nos anos noventa, antes de existir a autovía. A segunda fotografía mostra o seu estado no mes de abril de 2011. A importancia arqueolóxica do lugar, a fermosura das súas corredoiras, a vexetación na que dominan os corticeiros ou sobreiras, as preciosas vistas sobre o río Miño, non son impedimento para que xurdan construcións que non respectan a contorna nin para que se enchan de cemento desmesuradamente as tradicionais corredoiras, incluso ata a entrada da propia fonte romana, descoidando con evidente desprezo os nosos restos patrimoniais e a nosa paisaxe.
Onde está localizado
Latitude: 42.33558816989225Lonxitude: -8.049802780151367
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
elixiovieites says:
Out 23, 2012
Como información complementaria á ficha do Pxom do Concello Cenlle co “xacemento de Lagarellos-Razamonde” http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CENLLE/documents/27520ca200.pdf (12 de 20)
Web:
http://www.blogoteca.com/lambrica/index.php?cod=98473
Felisindo Glez. Iglesias says:
Out 23, 2012
Grazas pola achega documental.
Elixio Vieites says:
Out 23, 2012
Moitas grazas a tí pola magnífica ficha. Se queres ver máis Bens de Cenlle, estes son os que están no Pxom e deberían estar protexidos:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CENLLE/documents/27520ca001.pdf
(Catálogo Xeral)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CENLLE/documents/27520ca100.pdf
(Arquitéctónico e etnográfico)