Outra fotografía:
Tipo de ben: Alpendres e edificios auxiliares, Industria,
Concello: Tui
Parroquia: Areas (Santa Mariña)
Lugar: Regueiro
Outra denominación do ben: Funil, Casa do sal.
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Os alfolíns eran almacéns destinados a gardaren o sal. No concello de Tui tense constancia documental xa desde a Idade Media a existencia dos mesmos, pero foi durante os séculos XVI e XVII cando floreceron con máis intensidade este tipo de industrias. Durante a baixa Idade Media e época Moderna, o cargamento de sal chegaba ata os alfolíes en carabelas ou galeóns provintes de Aveiro que remontaban o Miño. Máis recentemente, o sal subía polo Miño transportado en barcazas desde A Guarda.
Do alfolín de Areas queda en pé únicamente o muro do lado sur, do resto da construción tan só se conservan os alicerces que lle confiren unha planta rectangular. É un pequeno edificio utilitario construído a base de cachotería e barro na beira do río Miño. Estivo en funcionamento ata os anos 40 do século XX e na actualidade queda a ruína e en moi mal estado.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
VV.AA. “Evocación histórica de la ciudad de Tui y sus antiguas rúas”. Tui, 1997. (pp. 84-90)
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.031583736136234Lonxitude: -8.658755421638489
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84