
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Tomiño
Parroquia: Estás (Santiago)
Lugar: Medos/Centinela
Outra denominación do ben: Forte de Santiago Carrillo.
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Trátase dunha fortificación de terra como a de Amorín, tamén en Tomiño, polo tanto colonizada pola vexetación. Situado a uns 3 kilómetros ao norte do río Miño, foi construido entre os anos 1663-64 coa finalidade da defensa do paso entre Tui e Goián durante a guerra de independencia portuguesa.
A súa construcción iniciouse trala ocupación portuguesa de Goián, o 26 de outubro de 1663 e recibiu o nome de Forte de Santiago Carrillo (Santiago, pola advocación ao Apóstolo e Carrillo polo apelido do Capitán xeral de Galicia, D. Pedro Carrillo e Acuña). O seu deseño, posiblemente correu a cargo dos irmáns enxeñeiros militares Carlos e Fernando Grunemberg, que nesas datas atopábanse en Galicia traballando nas fortificacións de A Guarda, Baiona e Vigo.
Cunha superficie de 80.000 metros cadrados, é a fortificación de terra máis extensa do Baixo Miño. Como o de Amorín, co que presenta semellanzas na súa traza, consta de obra coroada e reducto. A Coroada, situada no lado sur, constitúese a base de lenzos murais, dous baluartes e un semibaluarte. Cara o norte levántase o reducto con dous baluartes, e no interior do lado oeste, presenta unha espaldeira para a defensa da artillería. Presenta unha forma irregular e nel estarían ubicados almacéns, polvorín, etc. En orixe a súa entrada estaría defendida por unha media lúa hoxe desaparecida. Tamén no lado norte, onde existe unha forte pendente natural, establecéronse a diferentes niveis baluartes, medias lúas e postos de tiro.
Nas últimas décadas sufriu varias alteracións, a máis especial, a ubicación no patio de armas, dentro da coroada, dunha plantación, ou construccións próximas e excavacións. Polo demáis, conserva todos os elementos xa citados así como foxos e camiños cubertos, todos perfectamente identificables.
Fotogrametría:
Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
GARRIDO RODRÍGUEZ, J. “Fortalezas de la antigua provincia de Tuy”. Vigo, 2001. (pp. 231-234)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TOMINO/documents/0972CA001.pdf (p. 65)
https://dl.dropbox.com/u/5011665/FORTRANS/FORTRANS%20XUNTA%20GALICIA.pdf (p. 22)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.97357795911482Lonxitude: -8.769385814666748
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




