Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Angoares (San Pedro)
Lugar: Mosteiro - A Seara
Outra denominación do ben: Cruceiro de José Carrera
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro composto por un cubo pétreo como base que presenta pola súa banda dereita tres ánimas entre as lapas,e pola súa banda esquerda aparece unha inscrición pouco lexible que na súa parte final di:
” ESTA OBRA M(..)D(.) H(….) A—”
Sobre esta base unha columna rectangular con sinxelo capitel. Coroa o conxunto unha cruz de mármore na que aparece a figura de Cristo. Debeu ser levantado cara ó ano 1796 como reza nunha inscrición situada nun óvalo, na parte superior do cruceiro. A inscrición di o seguinte:
“DEBO
ZION
DE JO
SE PI
CARE
IRA
1796”
O seu autor foi José Carrera.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360420101.html
BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, MONÉ. Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. (1997). Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
GONZÁLEZ pÉREZ, Claudio. (1975).”Cruceiro de José Carreira” incluido en la obra “SAN PEDRO DE ANGOARES. Módulo para la memoria de una parroquia” de Claudio González Pérez. MUSEO DE PONTEVEDRA, 1975, pág. 46
ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1660535636Lonxitude: -8.50546181202
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84