Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Muros
Parroquia: Louro (Santiago)
Lugar: Louro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Os petróglifos están gravados nun afloramento granítico ao remate dunha pequena chaira, tendo boa visibilidade sobre a súa contorna. O motivo principal son dúas espirais que xiran en sentido contrario a unha da outra. Están rodeadas de 65 coviñas e teñen unhas medidas de 75 cm. na maior e 67 na menor. Ten ao seu carón, pero de moito menor tamaño, o gravado que foi interpretado coma unha figura humana que intenta enlazar a un cabalo.
Conta ademais con 7 circuliformes de distinto tamaño, o máis grande ten unha gran cova central en proporción ao seu tamaño. Entre dúas destas figuras circulares está a figura dun animal cunha lúa crecente e o Sol ocúltándose. Na intervención levada a cabo ano 2007, e fotografiando con luz artificial, atopáronse tres cérvidos máis, gravados de maneira moi esquemática e semellantes as outras dúas figuras representadas.
Varios expertos relaciónan todo o conxunto cun lugar de culto ao sol, outros autores interprétano como un calendario ou unha mesa de ofrendas para conseguir boas colleitas ou vincúlano coa morte ou a fecundidade. Tamén se teoríza coa posibilidade de que sexa unha sinalización de lugares de pasto e de paso de animais.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15053019
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Barciela Garrido, Pilar; Rey Seara, Eusebio (2000), Xacementos arqueolóxicos de Galicia,
Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-484-5.
Criado Boado, Felipe. Fábregas Valcarce, Ramón.
Los petroglifos como forma de apropiación del espacio:
Algunos ejemplos gallegos.
http://digital.csic.es/bitstream/10261/74852/1/1994_TP_BradleyCriadoFabregas_Los%20petroglifos.pdf
Rey Castiñeiras,Josefa. Eiroa García Jorge J. Arte de la edad del bronce:
Los grabados rupestres de Cova da Bruxa e Laxe das Rodas (Muros, A Coruña)
Actuación arqueológica y revisión interpretativa
Acceso ao traballo na dirección
web http://revistas.um.es/apa/article/view/178181
Gónzalez Gónzales Miguel Angel
El calendario lunisolar prehistórico de Laxe das Rodas
http://goo.gl/4OzYAH
Ficha no catálogo do PXOM de Muros. 2010
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA004.PDF
pax. 3 do pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7687774905Lonxitude: -9.0781724453
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Anxo says:
Dec 9, 2014
Boas. Pido permiso ó propietario da fotografía do petroglifo para empregala no meu muro de facebook.
elixiovieites says:
Dec 9, 2014
Son eu, Elixio Vieites, o seu propietario. Se pos o link da ficha tamén axudaras a difundir a páxina, aínda que se non queres non pasa nada. Permiso otorgado.
elixiovieites says:
Ago 24, 2015
Acceso aos traballos:
Los petróglifos como forma de apropiación del espacio:
Algunos ejemplos gallegos , Felipe Criado e Ramón Fábregas
http://digital.csic.es/bitstream/10261/74852/1/1994_TP_BradleyCriadoFabregas_Los%20petroglifos.pdf
Rey Castiñeiras,Josefa. Eiroa García Jorge J. Arte de la edad del bronce:
Los grabados rupestres de Cova da Bruxa e Laxe das Rodas (Muros, A Coruña)
Actuación arqueológica y revisión interpretativa
Acceso ao traballo na dirección web https://goo.gl/DwhCrt